Idade do Universo

Imaxe do Universo na súa infancia obtida con datos do WMAP. As diferenzas de cor indican as flutuacións da temperatura, que corresponden ás sementes que darían lugar ás galaxias.

En cosmoloxía física, a idade do Universo é o tempo que vai desde o Big Bang ata agora. As medicións actuais da idade do Universo dan un valor de aproximadamente trece mil oitocentos millóns de anos, concretamente 13 799 ±21 millóns de anos segundo o modelo de concordancia Lambda-CDM.[1][2] A incerteza indicada de 21 millóns de anos obtívose polo acordo de varios proxectos de investigación científica, como as medidas da radiación de fondo de microondas feitas polo satélite Planck, a Sonda de Anisotropía de Microondas Wilkinson e outras sondas. As medidas da radiación de fondo cósmica dan un tempo de arrefriamento do universo desde o Big Bang,[3] e as medidas da velocidade de expansión do Universo poden utilizarse para calcular a súa idade aproximada ao extrapolalas cara a atrás no tempo.

  1. Planck Collaboration (2015). "Planck 2015 results. XIII. Cosmological parameters (See PDF, page 32, Table 4, Age/Gyr, last column).". arXiv:1502.01589. 
  2. Lawrence, C. R. (18 de marzo de 2015). "Planck 2015 Results" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de novembro de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2016. 
  3. Bennett, C.L.; et al. (2013). "Nine-Year Wilkinson Microwave Anisotropy Probe (WMAP) Observations: Final Maps and Results". arXiv:1212.5225 [astro-ph.CO]. 

Developed by StudentB